Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O servizo de prevención de drogas organiza un obradoiro de graffiti

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

O Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha actividade gratuíta de ocio alternativo saudable a través dun obradoiro de Graffiti en cada Concello.

Con esta actividade preténdese favorecer o desenvolvemento das persoas participantes a través de valores positivos como a cooperación, creatividade e a participación social.

Os destinatarios son rapaces de entre 11 e 18 anos que teñen ata o 15 de xuño para inscribirse nestes curso que se desenvolverá no mes de xuño aínda que as datas están sen concretar.

A inscrición pode facerse enviando un mail a prevenciondrogas@rabade.org indicando o nome e apelidos, teléfono, idade e Concello ou chamando ao 982 390 062 de 9.00 a 14.00 horas.