Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalbés comeza unhas xornadas de portas abertas para a base

Por 1 Xuño, 2021Sin comentarios

O Rácing Vilalbés organiza unhas xornadas de portas abertas durante todo o mes de xuño que teñen como obxectivo mostrar a dinámica dos adestramentos das categorías inferiores e reforzar o equipo de cara á proxima tempada.

A actividade está dirixida a menores de catro a 16 anos, que corresponde as categorías desde prebenxamín a cadete.

En caso de non ter licenza federativa, tramitarase unha temporal para participar nestas xornadas. Para máis información, pódese chamar ao 661.04.92.70 (Freire).