Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O SD Outeiro de Rei organiza a próxima semana o seu primeiro torneo de fútbol base

Por 26 Abril, 2024Maio 4th, 2024Sin comentarios

Os vindeiros días 30 de abril e 1 de maio celebrarase no campo municipal de Outeiro de Rei o primeiro Torneo de Fútbol Base, organizado pol SD Outeiro de Rei, coa colaboración do Concello e dos demais patrocinadores de dito evento.

“Como clube fainos especial ilusión dita celebración, xa que queremos que os nosos nenos desfruten dun torneo na súa vila. Ademais queremos dar a coñecer a todo o fútbol provincial as nosas instalacións e a nosa maneira de facer club. Por suposto sen esquecernos das familias e amigos que visitarán ambos dous días os diversos recunchos do noso pobo”, explican desde a organización.

O torneo dividirase en dous días. O 30 será o turno para a categoría Biberón, que ao longo da tarde disputarán os seus encontros de fútbol 5, cunha xornada de convivencia final entre todos eles.

O día 1 será a quenda da categoría Prebenxamín, que durante todo o día disputarán o torneo correspondente de fútbol 7, desfrutando dun xantar e cerimonia de clausura comúns.

O mércores día 1 haberá unha carpa con comida para todos aqueles familiares, amigos e afeccionados que se acheguen ao campo. Rógase reserva previa a calquera membro do club para a organización da mesma. Tamén haberá inchables para os nenos.