Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Juan José Vázquez Carreira será o novo presidente do Vilalbés

Por 8 Xuño, 2021Sin comentarios

Juan José Vázquez Carreira, socio número 81 do Rácing Club Vilalbés, será o novo presidente da entidade deportiva tralo proceso aberto este ano para a súa renovación.

Así, a partir do 30 de xuño e durante 4 tempadas, dirixirá os destinos do club. O novo presidente foi presentado onte na asamblea de socios organizada para tal fin no centro cultural e recreativo.

Os socios do club ratificaron por unanimidade este nombramento que vén a solventar unha situación difícil para o club xa que trala presentación da dimisión da anterior directiva e a falta de candidaturas o club corría perigo de disolución.

Deste xeito, Juan José Vázquez Carreira substituirá a Francisco Ruiz, que foi presidente os últimos oito anos.