Aínda que este ano tampouco se celebrará en Begonte as festas na honra de San Pedro, hai preparada unha actuación para que este día non quede sen recoñecer.
Así, o propio sábado, día 26, haberá un concerto da Banda Sons e Soños. Será na praza do Concello ás 19.00 horas e cumprirase co protocolo anti covid polo que o aforo será limitado.