Skip to main content
Guitiriz

Entregados os premios Díaz Castro e Vilariñas no Festival de Poesía de Guitiriz

Por 14 Xuño, 2021Xuño 16th, 2021Sin comentarios

Pablo Bouza, Marga Pazos, Jeferson Costa Leite e Quique Roxíos recolleron os seus respectivos galardóns.

O acto de entrega de premios dos certames Díaz Castro e Vilariñas puxo o peche ao primeiro Festival de Poesía Guitirica, que se celebrou no Concello de Guitiriz do 12 ao 13 de xuño e que serviu para retomar o pulso da axenda cultural no municipio.

Pablo Bouza, nacido en Fene e residente en Culleredo, recolleu da man da concelleira de cultura de Guitiriz, Ainara Pérez, o premio como gañador da quinta edición do certame Díaz Castro de Poesía grazas á súa obra Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse.

No caso do certame Vilariñas o primeiro premio foi para Mar Pazos, unha moza de Lousame residente en Vigo, o segundo corresponde a Jeferson Costa Leite de Alegrete, de Brasil e o terceiro correspondeu ao coñecido poeta de Boal, en Asturias, Quique Roxíos. Neste caso recollérono da man da representante de Nova Poesía Guitirica, Luz Airado.

Ponse así fin a dous días nos que o Campo da Feira de Guitiriz e as rúas do municipio enchéronse de música, presentacións literarias e recitais poéticos. Ademais, tamén se levou a cabo o roteiro de Díaz Castro, guiado por Raul Río.