Skip to main content
Meira

Meira licita a construción dunha pista de pádel

Por 7 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira licitou as obras de construción dunha pista de pádel, que se situará ao lado da nova área de autocaravanas, inaugurada no ano 2019.

As obras están financiadas cunha subvención pola Xunta de Galicia, dende o departamento de Deportes e teñen un orzamento de 28.000 euros, dos que o ente autonómico aporta 20.000 e o resto correrán a cargo dos fondos propios do Concello.

A obra conta nun primeiro momento con facer o peche a a pista e a intención do Goberno local é cubrila en canto sexa posible, tal e e como explicou o concelleiro responsable desta área, Agustín Méndez.

As obras darán comezo en breve e serán moi rápidas, para poder tela en activo durante o verán.

“O obxectivo será poder cubrirla para utilizar de cara ao inverno, para o que buscaremos tamén financiamento”, indica Méndez.

Segundo explica o concelleiro, esta pista era unha “das promesas eu tíñamos para cumprir e xa está en marcha”, engade.