Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV móbil agrícola estará en Riotorto en xullo

Por 21 Xuño, 2021Xullo 28th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da ITV estará entre os días 27 e 28 de xullo en Riotorto para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 o día 27 e de 15.15 a 18.00 horas o día 28 de xullo.

A unidade móbil estará situada na Grova, estrada Riotorto a Marco de Alvare.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.