Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

José Cuba foi homenaxeado no Concello de Vilalba

Por 12 Xuño, 2021Sin comentarios

O vilalbés e decimoséptimo Campión de España de Loita, José Cuba, foi recibido no Concello de Vilalba pola alcaldesa, Elba Veleiro, acompañada de concelleiros e técnicos para felicitar o enorme traballo deste deportista e de todo o seu equipo.

Cuba asistiu á recepción xunto con dúas persoas que calificou de fundamentais nesta tan meritoria traxectoria deportiva, Iván Castro e
Sergei Priadun. Tanto Cuba como Castro salientaron a importancia do equipo de loita para recoller agora os éxitos dese esforzo colectivo.

Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, dixo “queremos trasladar hoxe o orgullo que sentimos os vilalbeses e vilalbesas deste novo éxito nunha carreira deportiva baseada no esforzo, máis se cabe despois deste ano tan complicado”.

Xosé Teixeiro, concelleiro de Deportes, comentou que “nun lugar pequeno como Vilalba, é de destacar un deportista como Cuba que vén de conseguir o 17° título, e que leva sendo un referente deportivo moitos anos”.