Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAMondoñedo

O Mercado Medieval será os días 13, 14 e 15 de agosto

Por 20 Xullo, 2021Xullo 21st, 2021Sin comentarios

Tralo acordo no Pleno mindoniense, o Mercado Medieval celebrarase os días 13, 14 e 15 de agosto e adaptada as esixencias do actual momento na crise sanitaria provocada pola covid-19.

Este ano haberá cambios na organización, así, na praza da Catedral tan so haberá actuacións e non se instalarán postos de venda.

A praza do Seminario e a rúa da Fonte será para a venda de produtos ecolóxicos e de artesanía, exclusivamente. Non se permitirá a venda de comestibles nin postos de comida, gominolas, bebidas ou similares.

As adxudicacións faranse por rigurosa orde de entrada no email mercado.medieval.mondonedo@gmail.com, ou presencialmente na Oficina de Turismo ou por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o domingo 1 de agosto de 2021 e a orde dos postos nas rúas habilitadas será o mesmo que a orde de entrada das solicitudes, empezando pola rúa da Fonte, e praza da Catedral para logo pasar á praza do Seminario adxudicando postos a man esquerda e dereita ata o final da praza, ata completar aforo.

A listaxe de admitidos e prezos sairá publicado o mércores día 4 de agosto e o abono da taxa deberá facerse antes do día 10 de agosto.

O horario de montaxe será o venres 13 de 15.00 a 19.00 horas, e poderase abrir o venres ata as 22.00 horas e o sábado e domingo de 11.00 a 22.00 horas.

Segundo a programación prevista tanto o sábado como o domingo haberá ao longo de todo o día numerosas actuacións de rúa. Participarán os seguintes grupos de animación e música de rúa: Camiñantes Brancos, Os Diaños, As Árbores, Himnodium, o Gran Dragón, Odaiko y Á Brasa. Tamén haberá circo de rúa con Circadas, Dosequilibrados, Perruseta e Ojaldrino.