Skip to main content
Mar AMARIÑAXA

A campaña Merluza a merluza, conquistará os mercados de Madrid

Por 24 Xullo, 2021Sin comentarios

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con Armadores de Burela, ten en marcha unha nova campaña de promoción da Pescada do pincho  de Burela, que ensalza una vez máis a calidade excepcional do produto, pero esta  vez poñendo o foco no traballo, esforzo e compromiso que hai detrás de cada peza  capturada artesanalmente. 

Unha acción publicitaria que se lanza a nivel nacional de novo en Madrid,  concretamente no seu transporte público, enchendo as traseiras e laterais das liñas  de autobuses urbanos que conectan as principais prazas e mercados de abastos da  cidade. E compleméntase con outras accións divulgativas e publicitarias nos  mercados tradicionais, así como en medios dixitais en internet. 

Desde a Organización de Produtores do Porto de Burela promociónase así o seu  produto e deféndese unha forma única de facer as cosas: anzol a anzol, día a día,  sol a sol, peza a peza… e “Merluza a merluza”.

Ademais de ensalzar o produto, a campaña pon en valor toda a cadea de produción  que hai detrás de cada peza. É a forma de vida de todas as familias que viven do  mar en Burela, onde conviven máis de 40 nacionalidades unidas por esta pesca  artesanal: “Pescador a pescador”, marea a marea, familia a familia…; facendo que  este modo de vivir non se perda e siga formando parte de nós: prato a prato, bocado a bocado.

A pescada de Burela captúrase de forma individual, “unha a unha” como di a  campaña. Péscase con anzol, unha arte de pesca sostible e artesanal na que o  peixe non sufre ningún dano e a súa carne conserva tódalas súas cualidades,  aportando os maiores beneficios para a saúde e o mellor sabor para o noso padal; e respectando o maior nivel de sostibilidade; principios que tamén comparten os novos consumidores, e por iso a pescada de Burela é para eles o produto ideal.