Skip to main content
Cervo

Este verán poderase percorrer Cervo en bicis eléctricas

Por 4 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo dispón de aluguer de bicis eléctricas para percorrer o municipio dunha forma saudable e mediambientalmente boa.

Poderase facer uso das bicicletas os días 10, 11, 24 de xullo e 7,8, 21, 22 de agosto na praza dos Campos de San Cibrao en horario de 11.30 a 14.00 e 16.30 a 20.00 horas.

Para máis información e inscricións haberá que achegarse o mesmo día ao lugar da actividade.