Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

O focego Xoel Docal conseguiu o ouro en K2 no Entre Pontes

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

O pasado fin de semana disputouse a regata Entre Pontes, de Pontevedra, no que participou o focego Xoel Docal e conseguiu o ouro en K2.

Nun percorrido de 8.000 metros co seu compañeiro Adolfo Montegaudo, proclamouse vencedor nunha regata que foi dominada de principio a fin pola embarcación mariñá.

Nas distintas fases da carreira foron alixeirando o grupo que se atopaba na cabeza con diversos tiróns ata que nos derradeiros 500 metros tan so quedaron dúas embarcacións á cabeza. Xa nun último sprint conseguiron entrar en solitario na meta con 8 segundos de vantaxe.