Skip to main content
Ribadeo

Veciños do barrio de A Torre, en Ribadeo, seguen reclamando melloras

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

A comisión de veciños do Barrio de A Torre, en Vilaselán, seguen reclamando ao Concello de Ribadeo a ampliación e acondicionamento do camiño ata que “dunha vez por todas se resolva esta inxustiza que se está a facer neste barrio. Non é algo que reclamemos para o noso uso individual ou particular, de ser así pode estar seguro que non o molestaríamos. Trátase dun ben común”, din os veciños.

Parécenos que 14 anos que leva o alcalde gobernando este Concello, e sendo coñecedor desta situación, incluso antes de ser nomeado alcalde, é tempo mais que suficiente para telo resolto e sen embargo non o fixo”, din dende a comisión de veciños.

“A nosa máxima sempre foi a de levar este tema da maneira mas discreta posible, reunións e escritos que nunca transcenderon mais aló das paredes desa alcaldía. Pois ben, ante a súa negativa a unha solución definitiva, queremos transmitirlle a nosa máis rotunda decepción e non nos deixa outra alternativa máis que a de dar a coñecer a toda a opinión pública o que nos pensamos sobre a súa maneira de gobernar, algo no que imos seguir incidindo, engaden.

Así, a comisión de veciños invita a todos os residentes e non residentes de Ribadeo a dar un paseo polo barrio e así comprobar de primeira man ó que están demandando. 

Este camiño atópase a 5 minutos a pé da Estación de Autobuses e por iso será “un corto paseo onde poderán contemplar un camiño que segue tendo a mesma anchura que na súas orixes, onde só podían circular as persoas e os carros arrastrados por animais”, din.

Tamén lle piden ao alcalde que “en lugar de pasar polo barrio cada 4 anos o fixera un pouco máis a miúdo para que puidera darse conta da realidade e do día a día dos veciños”.