Skip to main content
Ribadeo

Piden ao Concello de Ribadeo que garanta a seguridade nas inmediacións das pistas polideportivas

Por 17 Xullo, 2021Sin comentarios

O coordinador de Deportes dos populares de Ribadeo, Tito Suárez, pide ao Concello que garanta a seguridade nas inmediacións das pistas polideportivas coa colocación dunha rede protectora. O popular alerta así do risco que supón pasear preto destas instalacións debido á inexistencia de medidas que preserven a integridade dos viandantes que poden recibir, por exemplo, o impacto de balóns.

Tito Suárez visitou as pistas de Ove, nas que, precisamente, se pode comprobar como é necesario a colocación dunha rede. O popular constatou, ademais, cos veciños da localidade que esta é unha demanda reiterada no tempo, xa que, apunta, “as persoas que viven cerca e as que transcorran pola zona poderían facelo máis seguros e tranquilos”.

Para integrantes da formación do PP ribadense este é exemplo máis “do abandono no que ten o goberno local o municipio”.