Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo quere poñer fin ás figuras de pedras que os turistas fan nas Catedrais

Por 19 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo pediu ao Servizo de Conservación da Natureza que tome as medidas oportunas co obxectivo de evitar que os visitantes da praia das Catedrais realicen figuras co amoreamento de pedras nese areal. Este feito xa se produciu hai anos e volveu detectarse este verán. 

No escrito enviado sinalan que “tivemos constancia de que unha problemática que críamos desaparecida nas praias se volvía a dar, concretamente no areal de As Catedrais. Volvemos detectar que visitantes deste espazo natural protexido, cuxo acceso está a ser controlado pola Xunta de Galicia nesta tempada estival, realizan figuras mediante o amoreamento de pedras existentes no lugar. Fai anos conseguírase poñer fin a estes comportamentos, pero, polo que parece, de novo é necesario tomar medidas ao respecto”.

E engaden “entendendo que estas circunstancias correspóndese en maior medida coas competencias do Servizo de Conservación da Natureza,  pedirmoslles aos socorristas que na medida do posible lle trasladen aos usuarios deste espazo a prohibición de seguir con esta práctica, non obstante, isto non forma parte do seu cometido, debendo estar máis pendentes doutros comportamentos máis relacionados coa seguridade das persoas, feito polo cal, solicítaselles que tomen dende o Servizo de Conservación da Natureza as medidas que consideren necesarias para corrixir esta problemática, a través dos seus axentes medio ambientais, carteis, información do persoal regulador do acceso á praia, etc”.