Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto busca terreos para unha residencia de maiores

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

O Boletín da Provincia recolle o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Riotorto polo que se destina unha partida de 56.000 euros para a adquisición de terreos que irán destinados á construción dunha residencia da terceira idade no termo municipal.

Deste modo, todas aquelas persoas que desexen ofrecer algún terreo coas características adecuadas para a construción dunhas instalacións con estas características teñen de prazo ata o próximo día 29 para facelo nas oficinas municipais.

O anuncio indica tamén que nas dependencias municipais ofrécese información sobre a documentación que teñen que achegar e resólvense as dúbidas que poidan xurdir.

Os criterios para a elección do lugar no que o Concello promoverá a construción da residencia atópanse recollidos nuns pregos que tamén se poden consultar nas oficinas municipais.