Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto volveu promocionar unha tradición centenaria

Por 22 Abril, 2024Abril 23rd, 2024Sin comentarios

Riotorto celebrou esta fin de semana á 15ª edición da Feira da Artesanía do Ferro, coa que colabora a Deputación a través dunha achega de 4.000 euros.  A festa contou ademais con talleres de ferro, demostracións de diferentes oficios, unha exposición de artesanía e produtos do campo. Tamén actuou o coro de Riotorto e a charanga NBA, celebrouse un obradoiro de ferro infantil e un espectáculo de lume e malabares.

A feira contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, que puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais. Pola súa parte, a deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, puxo en valor a artesanía da provincia de Lugo.

Tamén acudiron o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García, que contemplaronon o espazo do ferro, con demostracións en vivo e postos de venda dos ferreiros riotortenses Manuel Alonso, Agustín Iglesias, José María Cabo,  Óscar Villada e Amando González,  ademais de artesáns do ferro do Corgo, Compostela, Culleredo ou Navarra e Alcalá de Henares.

Ambos valoraron “o traballo realizado pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto na organización da feira, que demostra o potencial que a tradición do ferro ten como motor para a dinamización económica, social e cultural do Concello”. Tampouco se quixo perder a cita a portavoz nacional, Ana Pontón que amosou a súa ledicia por “poder apoiar a feira que pon en valor unha das grandes tradicións da comarca: a produción de ferro, unha tradición que é un símbolo de orgullo pero que tamén debera de ter máis apoio”.

Tamén aproveitou a ocasión para destacar a importancia de que “estes oficios tradicionais conten con políticas de impulso e apoio para ser un motor de desenvolvemento económico das zonas nas que se desenvolven”. Neste sento, Pontón reclamou axudas “para que todas as persoas que queiran seguir con esta tradición poidan facelo, cursos para que esta sabedoría non se perda ou mesmo unha marca galega de produtos feitos en ferro”.

Os ferreiros de Riotorto, un caso excepcional

A tradición do ferro en Riotorto remontase a varios séculos atrás, como reflicten os mazos, forxas ou moas que se espallan polo concello e a toponimia dalgúns núcleos poboacionais  (Ferreiravella, O Mazo, Carboeiro, A Ferrería…). Distintos traballos e investigación, desde a obra do etnógrafo Xaquín Lorenzo ás investigación do estudoso local Miguel Abraira Pérez téñense detido na fonda cultura do ferro que acobilla Riotorto.

A mediados do pasado século XX os ferreiros e afiadores superaban amplamente a centena, constituíndo o grupo homoxéneo de artesáns do ferro máis numeroso da península ibérica con escasos paralelos en Europa. A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros destaca que aínda hoxe Riotorto conta cunha serie de ferreiros en activo, que teñen na Feira da Artesanía do Ferro o seu maior escaparate.