Skip to main content
Axenda Caducada

Escola de Río inicia hoxe un curso de pesca en Rábade

Por 5 Xullo, 2021Xullo 14th, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade organiza un curso de pesca sen morte para rapaces, unha maneira de coidar a natureza e practicar a pesca de forma responsable.

Neste curso informarase dos ríos e ecosistemas acuáticos de Galicia, as categorías de augas pescables, os requisitos para pescar, as limitacións e prohibicións, as especies pescables, as modalidades de pesca permitidas, entre outras.

O curso será no Río Miño de Rábade os días 5, 7, 12 e 14 de xullo en horario de 16:30 a 18:00 h.

A actividade está dirixida a nenos de 7 a 17 anos.

Os interesados en participar poden inscribirse na área de Cultura e Deporte chamando ao tlfno: 982 390 062 (Ext:2) ou enviando nome e apelidos, tlfno e idade ao mail: asociocultural@rabade.org.

Prazas limitadas. Actividade gratuíta patrocinada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e impartida pola Federación Galega de Pesca.