Skip to main content
Axenda Caducada

Realizan esta fin de semana un casting en Meira

Por 15 Xullo, 2021Xullo 17th, 2021Sin comentarios

O concello de Meira acollerá esta fin de semana un casting para un film que se rodará na Serra do Xistral.

Búscase o perfil dun home, de entre 45 e 60 anos, para o que non é necesario experiencia previa na interpretación.

Serán dez días de rodaxe, entre novembro e decembro deste ano, para os ensaios e a participación será remunerada.

As probas serán o sábado 17 nas oficinas de Gaitafilmes, na avenida de Lugo, ás 10.00 horas.

É necesaria inscrición previa antes do venres 16 de xullo ás 12 do mediodía en probascine@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 633 61 64 99 indicando datos de contacto e adxuntando unha foto recente.