Skip to main content
Axenda Caducada

O Corgo acolle a programación Cultura no Camiño 2021

Por 21 Xullo, 2021Agosto 20th, 2021Sin comentarios

Xa está anunciada a programación Cultura no Camiño 2021 no Corgo. O Concello acollerá os xoves da cultura a través de espectáculos de teatro cómico, maxia, novo circo e música, nunhas xornadas lúdicas, entretidas e educativas.

O día 29 será o comezo dos espectáculos con Os monifaces no Camiño, unha actuación de monicreques que van polas distintas vilas e pobos mostrando a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal. Música e monicreques bailaríns farán un espectáculo único dirixido a toda a familia. Esta actividade levarase a cabo na área recreativa do Corgo en fronte ao colexio.

A continuación, o día 5 de agosto, será o turno do Mago Antón, co seu espectáculo Volta a Galicia en 313 Concellos. A actuación contará con varias funcións repartidas entre a mañá e a tarde no que se suceden a un ritmo trepidante unha docena de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón. Un espectáculo dirixido a toda a familia que se realizará pola mañá no colexio do Corgo e pola tarde na praia fluvial do río Chamoso.

O xoves día 12 de agosto ás 12.30 horas, será o turno dun espectáculo de novo circo que virá da man da compañía Suma. O espectáculo, Ikigai, tamén está dirixido a todos os públicos e levarase a cabo na área recreativa en fronte ao colexio do Corgo.

Para finalizar co programa, o xoves día 19 de agosto, ás 12.30 horas na área recreativa do Corgo, levarase a cabo un teatro cómico chamado Saaabor!! que poñerá punto e final a unhas xornadas culturais completas e con espectáculos diversos para todos os públicos e gustos.

Así mesmo, recórdase que todas as entradas son de balde e que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias presentes no momento da realización.