Skip to main content
Lugo

Críticos coa xestión da Xunta Directiva do Fluvial

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

Críticos do Club Fluvial, unha plataforma creada a través das redes sociais que conta xa con 600 membros, pide a dimisión da xunta directiva do Club Fluvial, así coma a extinción da xunta xeral de socios compromisarios, a través dun comunicado. Así mesmo, os críticos denunciaron o labor que están a realizar dende o Club Fluvial onde, xa en 2019, se dirixiron aos socios para tranquilizalos “eran optimistas sobre a concesión da lincenza porque eramos o Club Fluvial e propietarios dos terreos e, mentras nos tranquilizaba, non contestaba a ningún dos requerimentos da CHMS polo que a concesión quedou deserta”.

Algo que, según comunican, repetiu en 2021 xa que se contaba coa mellor avogada medioambiental de España. Así mesmo, o colectivo sinalou que a citada resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de seis folios, inclúe informe da Avogacía do Estado e pon fin á vía Administrativa, sendo por tanto firme e executable, aínda que se abra a posibilidade ao Club de recurso potestativo de reposición ante o órgano que dita a propia Resolución ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza.

Ademais, o colectivo explica que dende a directiva se obtaculizou a transparencia na xestión e que actualmente, o club ten unha sanción de 50.000 euros por executar un párking sen a preceptiva licenza da CHMS e coa obrigación de repoñer a legalidade.

Así mesmo, ao anterior engadiron que o club non ten concesión dende 2018 sobre a explotación do leito do río e, automaticamente, certas instalacións do mesmo, situadas na zona de aproveitamento público hidráulico non teñen licenza, xa que esta estaba supeditada á concesión perdida.

Por outro lado, outro dos aspectos que destacan é a expulsión de catro socios, nun expediente sancionador que “cando menos merece a consideración subxectiva de ser considerado irregular, dende o principio ata a súa a ratificación, en masa, por parte da Asemblea”. “O presidente anunciou que él mesmo interpuxera varias querelas e denuncias contra os presuntos injuriadores. Ben, a realidade é que presentou unha denuncia, que foi arquivada polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo. Antes do arquivo, non se citou absolutamente a ninguén. Denuncia e arquivo”, comentaron.

Para resumir, dende o colectivo crítico explicaron que a día 31/12/2020 o club ten unha débeda de 1.928.581,54 euros, unha sanción por 50.000 euros máis a reposición da legalidade da mesma, perdeu, por segunda vez, a concesión da explotación da praia fluvial e parte das instalacións desta atópanse sen licenza.

Por esta razón, defenden que “é unha situación crítica que xa anunciamos en setembro de 2020, cun dossier informativo que enviamos a varios medios de comunicación e que foi silenciado e/ou contrarrestado por declaracións do presidente”. Por iso, reiteran o solicitado naquel momento: a dimisión inmediata da xunta directiva e, como consecuencia, a extinción da xunta xeral de socios compromisarios; a readmisión inmediata, mediante convocatoria de Asemblea extraordinaria, dos socios expulsados, simplemente por criticar unha xestión que os feitos demostraron que era máis que criticable e nomear unha xunta xestora provisional.

Así mesmo engaden que a xunta xestora provisional deberá retomar inmediatamente as relacións coa Confederación Hidrográfica e tratar de reconducir a solicitude de renovación para legalización o uso da zona afectada e salvar ao Club da súa desaparición, así como revisar todos os contratos de obras dos últimos 5 anos, realizar unha auditoria forense externa e coñecer a realidade da situación e movementos económicos, investigar a nivel interno as irregularidades que circulan entre a masa social e que, en principio, son cribles e veraces, celebrar unha asemblea informativa e se iso non é posible, pola situación sanitaria, facer chegar un escrito a cada socio e, finalmente, realizar unha convocatoria de eleccións para xunta directiva e xunta xeral de compromisarios.