Skip to main content
Lugo

Finalizados os traballos de mellora no polideportivo Daniel Cordido da Piringalla

Por 18 Xullo, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

A área de Deportes vén de investir 39.227 euros na mellora do polideportivo Daniel Cordido da Piringalla. Unha actuación que se suma a outras xa realizadas nos últimos meses co obxectivo de incrementar as prestacións que ofrecen as dotacións municipais e favorecer, así, a práctica de múltiples modalidades deportivas en condicións óptimas.

Esta intervención engadiuse ás materializadas en Frigsa, tanto no pavillón como nas canchas de tenis, coa cubrición dunha delas, á renovación do céspede dos campos de fútbol das Gándaras, á remodelación das Pistas Municipais de Atletismo Gregorio Pérez Rivera ou a reforma que se está levando a cabo no Pombal, así como á creación de novas infraestruturas como o circuito de Skate Park que xa se atopa a disposición da cidadanía dende o pasado xoves, nas inmediacións de Duquesa de Lugo.

Pola súa parte, o edil Mauricio Repetto explicou que as obras realizadas incluíron a elevación das gradas da pista de Hockey cunha estrutura metálica para que as primeiras filas de asentos teñan maior visibilidade, quedando situadas, así, por riba do valado de protección habilitado. Ademais acometeuse o pintando do interior do pavillón, e tamén da fachada exterior e da cancha de tenis anexa á construción, procedeuse ao cambio da porta principal de acceso por outra de seguridade e limpouse cun lavado a presión toda a zona exterior, ademais de instalar nova cartelería co nome do recinto.