Skip to main content
Lugo

O río Rato acolle a presentación do proxecto Lugar de Reque

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

O mércores 21 de xullo levarase a cabo a presentación do proxecto Lugar de Reque, un espazo permacultural que se atopa no paseo do río Rato. Desta maneira, durante a mañá realizaranse diferentes charlas nas que se explicarán as diferentes propostas e presentacións.

A xornada comezará cunha introdución ao espazo realizada por Naiara González Fontenla, educadora social que se dedica na actualidade ao desenvolvemento de proxectos de transformación e ao acompañamento de procesos individuais e grupais a través do movemento, a vibración e a conexión coa natureza. A continuación, será o turno de Alexandre Grande, un permacultor que explicará os principios de deseño permacultural aplicados ao proxecto.

A presentación da proposta técnica será exposta por Inés Denadija, permacultora e tradutora. A presentación creativa da implementación virá a cargo de Rubén Escudero, permacultor e socio fundador de A Flor da Vida S. Coop. Galega. Para finalizar a xornada e a presentación do proxecto, Víctor González falará da bioconstrución para o espazo multidisciplinar.

Con estas intervencións preténdese dar a coñecer o proxecto Lugar de Reque, así coma a súa finalidade e as diferentes propostas técnicas, entre outras.