Skip to main content
A Pobra do BrollónO Incio

As obras de mellora na estrada que conecta a Pobra co Incio están case rematadas

Por 8 Xullo, 2021Sin comentarios

Estanse a executar obras de mellora do firme na estrada LU-653, que conecta A Pobra do Brollón co Hospital do Incio. Así mesmo, cóntase que as obras finalicen entre hoxe e mañá despois de que comezaran e se levaran a cabo durante as últimas tres semanas.

Así pois, investíronse 85.100 euros na mellora de case 11 quilómetros da vía -desde o punto 3,200 ata o 14,100 -, dentro do termo municipal da Pobra do Brollón. A intervención consiste na reparación localizada do pavimento nos treitos que o precisan e a aplicación posterior dun dobre tratamento superficial de regos asfálticos con grava.

As obras son executadas pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas da Zona Sur da provincia de Lugo.