Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Circo Chosco ofrece o venres unha dobre actuación en Castro

Por 29 Xullo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Carballeira de Castro Ribeiras de Lea acollerá este venres, 30 de xullo, unha dobre actuación do Forzu2, de Circo Chosco, que terá lugar ás 12.00 e ás 19.00 horas con entrada libre ata completar o aforo.

O humor e o absurdo son os fíos cos que se tece a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabras que poden aparecer en calquera momento. Pero estes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.

Coa presenza constante da técnica en forma de portés, acrobacias áereas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato clown, escondidos baixo a aparencia de superacróbatas, de grandes meigos ou de malabaristas matematicamente perfectos.

Con este novo espectáculo, Circo Chosco profunda na creatividade conxunta nun claro obxectivo: facer rir ao público, sen esquecer a espectaculardidad como ferramenta imprescindible.