Skip to main content
Cospeito

A asociación San Martiño de Pino recuperará en setembro as actividades

Por 8 Xullo, 2021Sin comentarios

Despois de varios meses sen actividades, a Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino informou que a partir do mes de setembro, se a situación o permite, reanudarán as súas actividades, cumprindo sempre coas medidas sanitarias pertinentes.

Entre elas contarán con ioga, pandeireta e manualidades en canto a cursos e non descartan facer algún máis.

En canto a eventos está prevista a realización do I Magosto no Caldaloba, con diversas actividades culturais de posta en valor da Torre, como se leva facendo dende os inicios desta asociación. Para esta actividade contarán coa colaboración dos colectivos Culturalia GZ e Caldaloba.

A súa vez, levarase a cabo xunto co concello de Cospeito a entrega de premios do certame de poesía Torre de Caldaloba no local social e a presentación das obras gañadoras do anterior certame no Museo das Aves de Cospeito.