Skip to main content
Guitiriz

O Concello esixe a Begasa que solucione os cortes de luz en Guitiriz

Por 1 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz a esixiu Begasa, empresa concesionaria do subministro eléctrico, que solucione, de xeito inmediato, os cortes de luz diarios que se están a producir nos últimos meses en todo o municipio.

No escrito enviado á entidade relátase a problemática que se está a vivir desde hai meses en todo o concello, con cortes de luz diarios. “Tódolos días, en algún momento deixamos de ter subministro eléctrico”, explica Marisol Morandeira, que engade que “distorsionan gravemente a nosa vida e ademais ocasionan perdas económicas, tanto ós particulares como ós titulares de calquera actividade profesional”.

A empresa, que xa respondeu, comprométese a realizar as actuaciónes necesarias para mellorar a situación descrita e indica que están á espera de recepción dunhas cabinas novas para substituír ás actuais.

A rexedora subliña que “desde o Concello estaremos pendentes de que isto se resolva canto antes porque non podemos seguir así moito máis” e alerta de que “se non é así, teremos que optar por levar a cabo outro tipo de reclamacións”.