Skip to main content
Guitiriz

Avanzan a Parga non se divide a posible apertura do centro de saúde local en setembro

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

Afonso Losada Rodríguez e Vitor Vázquez, en representación do colectivo Parga non de divide, mantiveron unha reunión co director de Primaria da Área sanitaria de Lugo Rafael Sánchez co obxectivo de informarse sobre a situación do centro médico desta localidade.

“Non sacamos demasiado en limpo. Boas palabras e pouco máis”, dixeron e avanzaron que aseguraron que cando pase a pandemia o centro médico abrirá, “pero sen dar data algunha nin explicar as condicóns que son necesarias”.

Segundo explicaron, o responsable sanitario avanzou que en setembro volverían a analizar a situación e en función de como vaia a vacinación poderían plantexarse voltar á normalidade. Estiman que daquela estarían vacinados os de idade 20-30 e que co comezo do curso se vacinarán aos de BAC e da ESO “e nese momento xá poderíamos ter inmunidade de rebaño e en función da situación poderían plantexarse reabrir”.

En fín, nada concreto aínda que nos convidou a pedir outra reunión a mediados de setembro para seguir falando do tema.