Skip to main content
BarreirosComarca AMARIÑAXAMondoñedoOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Impulsan a rehabilitación de cinco edificios en Barreiros, Mondoñedo e Outeiro de Rei

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

Vaise impulsar na provincia de Lugo a rehabilitación de cinco edificios que acollerán distintos servizos públicos en Barreiros, Outeiro de Rei e Mondoñedo, grazas á concesión de préstamos sen xuros por importe global de 1,2 millóns de euros, a través do Fondo de Cooperación.

En Barreiros reformarase o teleclub e as antigas escolas de San Cosme, para o que se conedeu, no primeiro caso, 513.200 euros de financiamento para remodelar as instalacións, que acollerán proxectos de dinamización económica e social; así mesmo, destínanse 200.600 euros ás escolas, para albergar un arquivo e outras dependencias administrativas e sociais.

En Outeiro de Rei destináronse 44.500 euros á adquisición da antiga Cámara Agraria para destinala a servizos sociais, e 80.000 euros á compra doutro inmoble que xa está en obras e albergará un centro de día.

Por último, Mondoñedo acadou 450.000 euros de financiamento na convocatoria do 2019 para adquirir un inmoble, no que instalou un centro de atención de menores.

Desde xuño está aberta unha nova convocatoria deste Fondo de cooperación para apoiar o financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, e o prazo para presentar solicitudes remata o 1 de outubro. 

O programa, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo, reserva nesta edición case 4,5 millóns de euros para permitir aos concellos recuperar e definir novos usos en inmobles que están infrautilizados. Estes préstamos sen xuros deberán devolverse á Administración galega nun prazo máximo de oito anos.