Skip to main content
Vilalba

A Liga Santaballesa organiza dous campamentos de verán

Por 7 Xullo, 2021Sin comentarios

A Liga Santaballesa está a organizar dous campamentos de verán infantís e xuvenís durante este mes de xullo, con prazas limitadas, grupos moi reducidos e respetando todas as medidas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia.

O primeiro será o Summer Camp, cun prezo será de 50 euros dirixido a rapaces de 6 a 12 anos. Haberá inglés, mates e lectura e a cita é para os xoves de 10.30 a 13.00 horas. Para máis información están dispoñibles no teléfono 652790220.

Por outra banda, haberá un obradoiro teatral para traballar a comunicación efectiva. Trátase dun apredizaxe lúdico baseado na experimentación e as dinámicas de grupo. Tratarase sobre linguaxe verbal e non verbal, asertividade, estruturación da mensaxe e resolución de conflitos.