Skip to main content
Vilalba

Os comerciantes da Pravia suspenden as concentracións e dan un prazo ao Concello

Por 14 Xullo, 2021Sin comentarios

Os comerciantes da Pravia chegaron a un principio de acordo co Concello e suspenderon todas as concentracións previstas en protesta pola unidireccionalidade desta rúa.

Os comerciantes reuníronse coa alcaldesa co obxectivo de modificar os lugares da súa protesta para evitar problemas e acabaron chegando a un acordo grazas ás propostas que presentou Elba Veleiro.

Estas consistiron en estudar o posible cambio de dirección da rúa da Pravia cando os foron informados de que a intención é manter a unidireccionalidade unha vez que rematen as obras.

Veleiro comprometeuse a actuar para poñer zona azul gratuíta limitada tanto nesta rúa como no párking dos subterráneos e mellorar a sinalización nos accesos ao centro.

Así mesmo, chegaron a unha entente coa proposta de habilitar un aparcamento de urxencia para particulares e tamén potenciar as feiras no casco antigo.

Os comerciantes aseguraron que darán un prazo para materializar estas reivindicacións.