Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba subvenciona a compra dunha furgoneta do centro ocupacional

Por 15 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba concedeu unha subvención de 25.700 euros á Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Psíquica Vilalba Terra Chá, unha achega destinada a desenvolver o proxecto Transporte para a integración no Centro Ocupacional de Vilalba. 

A principal actuación no marco deste proxecto foi a adquisición dun vehículo de oito prazas, que permitirá dar servizo de transporte aos usuarios e usuarias do centro.

A compra desta furgoneta grazas á subvención do concello suporá á Fundación un aforro estimado de 21.000 euros anuais e ademais propiciará a creación dun posto de traballo. 

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, acompañada das concelleiras de Servizos Sociais, Marta Rouco, e de Educación, Antía Rama, visitaron o Centro Ocupacional de Vilalba, que fai un traballo moi importante para integrar e apoiar ás persoas usuarias e as súas familias.

“Garantir o correcto funcionamento das entidades sociais de Vilalba é un dos nosos principais compromisos como goberno local; o labor que realizan é esencial para protexer tanto ás persoas con algún tipo de discapacidade, como para axudar ás súas familias”, asegura Marta Rouco, concelleira de Servizos Sociais.