Skip to main content
Vilalba

Baamonde acusa á alcaldesa de gobernar por decreto e de falta de transparencia

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

O voceiro en Vilalba do Partido Popular e ex alcalde, Agustín Baamonde, acusou ao actual equipo de Goberno, que preside Elba Veleiro, de opacidade.  “Chegou promentendo transparencia e se ten convertido no Goberno máis opaco dso últimos anos  e na alcaldesa máis autoritaria, xa que todo faise de forma unilateral e sen dar explicacións”, explica.

Baamonde insiste en que hai unha obsesión de gobernar por decreto, “eu entendo que o feito de estar en minoría esaxere esta forma de actuar, pero agora mesmo raia no abuso”.

Segundo engade, os alcaldes anteriores tiñan unha media de 200 decretos ao ano pero a alcaldesa actual “presenta 200 en cada pleno, polo que supera os mil ao ano.

Subliña tamén que “ten baleirado de contido os plenos do Concello e só leva cuestións de rutina e tamén ten reducida a unha cuestión residual as comisións informativas.

O ex alcalde afirma que se arroga as competencias delegadas na comisión de goberno e pleno e ademais, non cumpre cos acordos plenarios. Neste asunto puxo de relevo as axudas “aprobadas hai seis meses e das que nada se sabe”.

Acusou tamén a Elba Veleiro de opacidade nos contratos, cun abuso dos contratos menores “que ofrecen moitos reparos de legalidade por parte da intervención e moi especialmente con contratos importantes como a limpeza de centros escolares e centros públicos. “O contrato da recollida do lixo terminou e dixo que o ía sacar a finais de 2020 pero aínda nada. É o contrato máis grande do Concello de Vilalba e está situándose nunha especie de alegalidade, porque rematou e nin fai licitación nova nin o prorroga. Recorre á vía de feito, e claro, segue a prestarse pero nunha situación de alegalidade absoluta”.

O ex alcalde acusou tamén de gardar silencio sobre outros temas de relevancia, como o PXOM, a ampliación do polígono, a RPT, etc. “se lles demanda información e contesta con vaguedades”.

Afirma tamén Baamonde que é “un contrasentido e unha falta total de transparencia e autoritarismo que dous anos despois de entrar no Gobrerno segamos sen presuposto, porque eses cambios que prometeu que se ían realizar non se poden facer cuns orzamentos que non aprobou cando os presentamos nós”.