Skip to main content
Vilalba

Concentración das limpiadoras de Vilalba polo impago dos seus salarios

Por 30 Xullo, 2021Sin comentarios

As traballadoras e traballadores da limpeza e ordenanzas do colexio Insua Bermúdez de Vilalba manifestáronse polo impago de salarios e a non subrogación dunha traballadora pola nova adxudicataria Tragsa. A concentración realizouse diante do Concello de Vilalba.

Segundo explica a CIG, aos empregados débenselles 9 mensualidades, e califica ao Goberno Municipal de Vilalba de “cómplice” e a empresa de servizos García Galgar de “culpable do roubo dos salarios ás traballadoras”.

Engaden que Tragsa, a nova adxudicataria, négase a subrogar a unha das traballadoras, según din, “porque unha empresa pública non pode facerse cargo de contratos en fraude de Lei, este criterio non o utilizan en todos os casos, será que aquí non hai fillos dealcaldes ou altos cargos das administracións involucrados. Resulta curioso saber que o empresario pirata, o que non paga os salarios ás traballadoras, si que foi subrogado por Tragsa”, explica o sindicato.

Tanto PP como Vilalba Aberta reclaron onte responsabilidades no Pleno.