Skip to main content
Axenda Caducada

Ata o 16 de agosto pode visitarse no parque de San Francisco ribadense unha exposición

Por 5 Agosto, 2021Agosto 16th, 2021Sin comentarios

Ata o 16 de agosto pode visitarse no parque de San Francisco a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que forma parte do traballo do obradoiro Vencellos da Memoria.

É unha exposición composta por 12 paneis sobre o comercio de proximidade tanto do pasado como do presente da vila de Ribadeo: hai un panel dedicado ao mercado dos mércores, outro ao mercado dos domingos, un máis dedicado á praza de abastos, con planos orixinais da súa construción e a historia e biografía de Ramón González, que foi quen realizou a doazón para a súa construción.

Tamén hai outro panel dedicado á escola Pedro Murias, destacando o papel que xogou no desenvolvemento do agro na comarca. E logo hai 4 paneis dedicados a contar as historias persoais e profesionais dalgúns das produtoras e produtores locais de cultivo de horta ecolóxico, cultivo convencional, de carne e outro tipo de produtores locais.