Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Pescados Rubén Burela FS abre a nova campaña de socios

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela FS abre a nova campaña de socios para 2021-22, na que unha tempada máis agardan que a afección volva apoiar ao equipo para seguir recollendo éxitos e traendo alegrías. 

Esta tempada existen tres modalidades de socio/a: Adulto, Infantil e Dixital. O socio dixital está enfocado a aquelas persoas que queren gozar do noso equipo sen asistir ao pavillón Vista Alegre. Ademais de gozar doutras vantaxes dixitais, poderán ver as emisións en directo sen límite de calidade. Non hai ningún tipo de límite xeográfico.

As opcións Adulto e Infantil (menores de 14 anos) ofrecen todas as vantaxes dixitais e, a maiores, un asento no pavillón. Neste caso deberase elixir a bancada na que gustaría ter o asento:

  • Fronte: A bancada onde está o palco, que percorre toda a banda da pista (Adulto 110 euros//Infantil 25)
  • Lateral: A bancada que queda á altura da pista detrás da portería esquerda (Adulto 100 euros//Infantil 25)
  • Alta: A bancada que se eleva sobre a pista detrás da portería dereita (Adulto 100 euros//Infantil 25)

Poderase formalizar a alta como socio para 2021-22 online a través desta ligazón ou na sede do club.

Para renovacións ou seleccións de asentos fixo no pavillón para os partidos como local hai que contactar coa oficina despois de realizar o pago da cota de socio