Skip to main content
Ribadeo

Apaga organiza o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos

Por 18 Agosto, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) organiza o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo do 24 ao 27 de agosto e ao que asistirán medio cento de persoas.

Entre as novidades deste 2021 destaca que os talleres terán lugar o mesmo día, o 24, nas instalacións de Apaga e un celebrarase no polígono industrial de San Cosme de Barreiros. Haberá unha exposición de pintura de Esther Páez na Casa de El Viejo Pancho como actividade paralela. Ademais das charlas, que se celebrarán do 25 ao 27, está prevista a inauguración do centro de interpretación de José Barro en Mondoñedo, a visita a unha empresa de micoloxía ecolóxica sostible en Ribadeo ou a presentación de dous coches: o Mercedes Clase S e o Ford Mustang Mach-E.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “como todas edicións, máis ou menos, é unha estrutura moi parecida, aínda que debido a que este ano se vai celebrar no local de Apaga, os talleres van ser un día, en horario de mañá e tarde. Tamén se vai facer unha actividade externalizada, que vai ser no polígono industrial de San Cosme de Barreiros, en colaboración coa empresa Tecmat e Forest Pioneer, que é unha empresa dedicada ás máquinas forestais como procesadores, autocargadores e todas as que se utilizan nesas actividades. Imos contar tamén ese día cunha novidade que é a exposición de pintura, que se titula Miradas. De dentro hacia fuera, de Esther Páez, de Murcia. É unha muller procedente dunha familia que se dedica tanto á escultura como á pintura, cunha traxectoria importante, xa que realizou bastantes exposicións. Vai ser na Casa de El Viejo Pancho”.