Skip to main content
Ribadeo

As Zonas Cativas transformarán as contornas dos centros educativos ribadenses

Por 27 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo comezará esta semana os traballos de pintado das chamadas Zonas Cativas no entorno dos centros Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Jesús. Os traballos estenderanse ao longo das rúas Carlos III, Alfredo Deaño e Avenida de Luarca.

A idea das Zonas Cativas xurde da necesidade de reimaxinar un novo deseño urbano mais accesible, amable, sostible e mais centrado para os nenos. Así, organismos internacionais, como UNICEF ou Nacións Unidas, a través da súa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, deixan constancia da necesidade de que se adapten os espazos de convivencia e os entornos ás demandas da infancia e adolescencia.

Búscase converter os espazos urbanos que usan os nenos en áreas mais amables a través de formas e de cores lixeiras, ao mesmo tempo que pretende atraela atención dos condutores para que circulen con especial precaución por estes espazos.

Estarán pintadas con círculos de diferentes cores e diámetros, xogando coa súa concentración na calzada, de xeito que a densidade de circos vaia in crecendo segundo nos acerquemos aos puntos de entrada e saída tanto dos centros escolares como das instalacións deportivas, onde a presenza de nenos e nenas poida ser mais habitual. Os traballos de pintado comezarán ao longo desta semana, e quedarán rematados nos vindeiros días.