Skip to main content
Axenda Caducada

O circo Ekilibuá aterra en Becerreá o domingo

Por 17 Agosto, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

A carballeira de Becerreá acolle o espectáculo de circo Ekilibuá da compañía Pistacatro Productora de Soños. A actuación levarase a cabo o domingo día 22 de agosto ás 19 horas e, no caso de choiva, o espectáculo farase no pavillón municipal.

Na actuación poderanse ver diferentes xogos de construcción de plataformas diferentes. Xogando a ver quen sube máis alto, ata que non se poida máis… Sempre ollando a ver quen leva a voz cantante pero, sobre todo, xogando man con man.

Ekilibuá é un espectáculo que fusiona a teatralidade cos números acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios, a manipulación de obxectos e moita complicidade.

Hai que lembrar que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes.