Skip to main content
Axenda Caducada

Esta fin de semana terá lugar a segunda parte do festival de Pardiñas

Por 23 Agosto, 2021Agosto 29th, 2021Sin comentarios

Comeza a segunda parte do festival de Pardiñas, que arrancará o venres 27, no campo da feira de Guitiriz coa actuación de Asubíos da Chaira en pasarrúas e Backwest e Guezos en concerto.

No día seguinte, o sábado 28, a verdadeira protagonista do festival será a música rock, mais tamén os obradoiros que teñen preparados de graffiti, con xogos na rúa e brinquedos, sen que falte a esperada entrega dos premios no XLII Certame Terra Chá. Nesta ocasión, os galardóns serán entregados pola familia de Xela Arias, poeta homenaxeada co Día das Letras Galegas deste ano, mais por outros autores e autoras convidadas.

O último domingo de agosto estará dedicado ás aldeas de Pardiñas, por onde pasarán Os Carunchos. Deste modo, rematarán o encontro cunha sesión vermú e con máis música en directo na escola de Pardiñas.

A organización lembra que para asistir aos concertos será necesario estar rexistrado previamente xa que teñen o aforo limitado. Para elo debe enviarse un correo a concertospardinhas2021@gmail.com indicando nome e apelidos, teléfono e os concertos aos que se quere asistir. Ademais, será imprescindible estar no punto 30 minutos antes do evento para recoller a acreditación. De non ser así, a partires desa hora esas localidades quedarán dispoñibles para outros asistentes ata completar aforo.

Como todos os anos xa están á venda as camisetas desta edición en talles para nenos, unisex e entallada. Poden adquirise en Xoldra Guitiriz.