Skip to main content
Axenda Caducada

A Federación Galega de Bandas de Música organiza Á procura do tesouro en Mondoñedo

Por 25 Agosto, 2021Agosto 27th, 2021Sin comentarios

A Federación Galega de Bandas de Música populares presenta Á procura do tesouro, que terá lugar o 27 de agosto. Esta iniciativa dará comezo o venres 27 ás 10.00 horas na praza da Catedral e para participar haberá que anotarse a través da Oficina de Turismo de Mondoñedo no teléfono 982 507 177.

ara apuntarse só hai que facer un grupo de catro persoas con compoñentes da banda, sendo polo menos 3 deles menores de 30 anos.

Haberá que poñerlle un nome ao grupo, intentando ser orixinais e cada persoa tan só poderá apuntarse nun grupo, pero pódese inscribir varios grupos da mesma banda.

Entre as solicitudes recibidas, farase un sorteo público para determinar os catro grupos que participarán e a orde. Se hai representadas máis de catro bandas entre as inscricións, o sorteo terá en conta que non se repita ningunha banda entre os grupos que participarán finalmente no xogo.

Os participantes recibirán información sobre as medidas hixiénico-sanitarias que se van levar a cabo durante o xogo para garantir a seguridade por mor da Covid-19, estando obrigados a cumprir as normas do mesmo.

O xogo está deseñado para que cada grupo non teña contacto con outro e entre cada un deles desinfectaranse os espazos e materiais que se van empregar. Todos os participantes deberán enviar asinada unha declaración responsable á Federación (facilitarase o modelo) e os menores de idade tamén a autorización para participar.