Skip to main content
Axenda Caducada

Bóveda celebra o festivo local con actuacións culturais

Por 30 Agosto, 2021Setembro 2nd, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda acolle o vindeiro 1 de setembro, festivo local, unha programación cultural para todos os públicos. Así pois, a música será a que dé comezo a xornada, ás 13 horas, co concerto de Xograres de Lemos.

Xa pola tarde, ás 19 horas, realizarase o espectáculo de monicreques e música en directo Miragres, que virá a cargo de Micromina Títeres. Dúas actuacións dirixidas a todos os públicos para gozar dunha xornada diferente e lúdica.

Así mesmo, a cita celebrarase na praza da Filgueira en Bóveda -dentrás do Concello- e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.