Skip to main content
Baleira

Baleira organiza actuacións para o xoves 12 de agosto

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Baleira acolle o vindeiro xoves día 12 de agosto unha serie de actuacións e espectáculos dirixidos a todos os públicos e gustos. Desta maneira, achéganse novamente actividades para que veciños, veciñas e visitantes poidan gozar de xornadas amenas e de lecer.

A xornada comezará xa de mañá, ás 13 horas, co pasarrúas Troula, que fará disfrutar a pequenos e maiores. Xa pola tarde, ás 17.30 horas, a praza do Concello acollerá o espectáculo SUMA, que virá seguido da música de Pulpiño Viascón. Este último, realizará un pasarrúas por diferentes rúas do concello ás 18.30, para amenizar e transmitir un ambiente festivo á vila.

Para rematar, o centro sociocultural acollerá ás 20.30 horas Vaamonde e Romero, dous artistas que levan o seu espectáculo máis alá, xa que combinan a música, co teatro e co humor. Así mesmo, a música é tradicional para pór en valor a cultura e o arte da zona.

Ponse final desta maneira, a unha xornada chea de música, ocio e cultura, na que primarán os espectáculos e un ambiente festivo.