Skip to main content
BaleiraNegueira de Muñiz

A Tradescola difundirá en Baleira a música e o baile tradicional

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará este mércores unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, achegarase ata o concello de Baleira, e na casa da Cultura impartirá unha nova xornada de música tradicional para escolares dos CEIP de Negueira de Muñiz e CEIP Plurilingüe Concepción López Rey.

Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Branca Villares, Jose Manuel López e Xabier Iglesias, e nel amosaránselles aos alumnos distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.