Skip to main content
BaleiraFriolFriol TERRACHÁXA

A Deputación allea medio cento de parcelas nos polígonos de Friol e Baleira

Por 28 Agosto, 2021Agosto 30th, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación deulle o visto bo ao procedemento para o alleamento dun total de  47 parcelas dos polígonos industriais de Friol e de Baleira, parques que, extinguida Suplusa, xestiona agora directamente a Deputación de Lugo.

En Friol sácanse á venda 34 parcelas, cunha extensión total de case 65.000 metros cadrados, e en Baleira, son 13 parcelas, que suman máis de 20.000 metros cadrados en total. A venda das parcelas farase a través dun procedemento de concorrencia pública mediante a celebración dunha poxa.

O mes pasado a Xunta de Goberno da Deputación aprobou outro procedemento para a venda de 44 parcelas no parque empresarial de Castroverde e de 11 parcelas no polígono de Chantada. “Desta forma, seguimos contribuíndo ao desenvolvemento do tecido produtivo da provincia a través da implantación de actividades económicas nestes concellos”, subliñou Tomé Roca.