Skip to main content
Lugo

Inician os traballos de renovación do alumeado na zona da Residencia

Por 13 Agosto, 2021Sin comentarios

Rubén Arroxo informou do inicio dos traballos de renovación do alumeado público na zona da Residencia, nas rúas Río Ulla, Azalea, Escultor Asorei, Río Lor, Portugal, Amizade e Evaristo Correa Calderón.

“Desde a área de Mobilidade e Infraestruturas seguimos a actuar na renovación da rede de alumeado público municipal, aplicando a perspectiva de xénero para aumentar a seguridade nas rúas e reducindo as emisións de CO2 producidas polo Concello”, explicou Rubén Arroxo.

Con esta actuación eliminaranse en total 50 luminarias de 75, 150 e 250W de distintos tipos altamente contaminantes, como vapor de mercurio ou sodio, mudándose por luminarias LED de distintas potencias segundo a necesidade de cada rúa.

O consumo eléctrico pasará de 9.675W a 5.681W, aforrando en total 6.15 Tn de CO2 ao ano. A actuación foi adxudicada por 246.626,27 euros.

Nos últimos dous anos a área de Mobilidade e Infraestruturas renovou o alumeado en múltiples zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas como a avenida Filharmónica Lucense, que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio das instalacións antigas.

Desde a área de Infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, aplicando o criterio da perspectiva de xénero e aumentando a seguridade da vía pública.