Skip to main content
Chantada

O Festival de bandas de música de Chantada celebra 30 anos

Por 21 Agosto, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

O tradicional Certame de Bandas de Chantada celebra o seu 30 aniversario cunha edición especial, repartida en tres datas: 22, 28 e 29 de agosto.

O domingo 22 de agosto as actuacións comezarán a partires das 18.30 horas na praza do Cantón. Así pois, as bandas participantes serán a banda xuvenil de Xinzo (Ponteareas) e a banda de música de Chantada.

No caso do sábado 28, a xornada celebrarase no Auditorio Municipal de Chantada a partires das 12 horas. Neste día levarase a cabo o faladoiro 30 anos de Festival. Un cambio de modelo nas bandas de música populares.

Para finalizar, o domingo 29 de agosto, novamente na praza do Cantón, tocarán dúas bandas ás 18.30 horas; por unha beira a agrupación musical Lira de San Miguel de Oia e pola outra, a banda artística de Arcade.

Tres xornadas cheas de música e ambiente festivo que celebran 30 anos de festival.