Skip to main content
Comarca SARRIAXA

A comarca de Sarria participa no servizo de atención temperá

Por 10 Agosto, 2021Sin comentarios

A agrupación de Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio participan no servizo de atención temperá, un servizo gratuíto dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, con trastorno do desenvolvemento ou risco de padecelo, ou ben se dé unha situación de vulnerabilidade.

Para acceder a este servizo, a familia debe acudir ao servizo de pediatría do centro de saúde que lle corresponde e informar ao seu pediatra da sospeita do trastorno ou de calquera outro problema que lle preocupe.

Para máis información pódese contactar co número de teléfono 648 174 682 ou no enderezo electrónico sat.gruposarria@coescoformacion.com. Así pois, tamén se pode ir ás dependencias do colexios Nuestra Señora de la Asunción, en Sarria en horario de luns, martes e mércores de 10.30 a 12.30 ou de 15.30 a 18.30, ou xoves e venres de 8.30 a 12.30 horas.