Skip to main content
Sarria

Cancelado un ano máis o DH Urbano de Sarria

Por 6 Agosto, 2021Agosto 7th, 2021Sin comentarios

O DH Urbano de Sarria queda un ano máis sen celebrar. Así o informaron os organizadores, o Dhgteam, que consideran que a mellor opción é esperar un ano máis por mor da pandemia. Desta maneira, tamén continúan traballando para que a seguinte edición sexa especial e un éxito.

Este evento é un dos máis coñecidos na comarca e foi premiado pola Federación Galega de ciclismo como o mellor evento do ano. Este espectáculo pódese realizar grazas á axuda de máis de 60 voluntarios que reparten e realizan as máis de 100 estructuras de madeira coas que conta o circuíto.

Acrobacias, velocidade e emoción son tres características que definen, de forma resumida, un consolidado Descenso urbano de MTB que ten que pechar as súas portas un ano máis a causa da situación sanitaria.